REGULAMENTO

Data: domingo, 11 de novembro de 2012.
Hora:
a partir das 10:30 h.
Lugar:
Negreira.
Distancia:
de 1.000 a 10.000 m.
Organiza:
Concello de Negreira.
Inscrición:
ata o mércores, 7 de novembro ás 22:00 h.



PERCORRIDOS

1ª CARREIRA: BENXAMÍNS – ALEVÍNS DISTANCIA: 1.000 m. HORA SAÍDA: 10:30 h.
2ª CARREIRA: INFANTIS – CADETES – XUVENIS DISTANCIA: 4.500 m. HORA SAÍDA: 10: 45 h.
3ª CARREIRA: XUNIOR – SENIOR - VETERANOS DISTANCIA: 10.000 m. HORA SAÍDA: 11:30 h.

REGULAMENTO

ARTIGO 1.- PARTICIPANTES
Poderán tomar parte nas mesmas todas as personas que queiran sexan federados ou non. A proba negreiresa está inscrita no calendario NACIONAL de carreiras en ruta.

ARTIGO 2.- INSCRICIÓN E PRAZOS

O prazo de inscrición de participantes na XXXIII CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA quedará aberto dende o venres 19 de outubro ata ás 22:00 h. do mércores 7 de novembro. A partir da citada data non se admitirán inscricións. Os corredores que desexen participar na proba, teñen a obriga de inscribirse na web www.concellodenegreira.es (teléfono de dúbidas 946 412 467  - horario de 9:30 h. a 17:00 h.)

*IMPORTANTE:

Para participar na 3ª Carreira (XUNIOR-SENIOR-VETERANOS) 10.000 m. (non homologada) os atletas deberán aboar a cantidade de 3 €/participante unha vez que fagan a solicitude de inscrición.


Esta proba pertence o calendario oficial da RFEA e mediante a súa inscrición, o corredor consinte expresamente que  os seus datos básicos (Nome, Apelidos, NIF/NIE/Pasaporte, Data de nacemento, Sexo e Codigo Postal de residencia), serán enviados á RFEA para a xestión das licencias de día, resultados e ranking. A posesión da licencia garantiza que o corredor participa cuberto por un seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

En todo caso, e tal como establece a lei de protección de datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito o correo electrónico ó programa Carnet Corredor da Real Federación Española de Atletismo. Avda. de Valladolid, 81 - 28008 Madrid. E-mail: rfea@rfea.es

ARTIGO 3.- DORSAIS
Todos os participantes deberán ter dorsal-chip, que o teñen que recoller no Patio do C.E.I.P. O Coto (na liña de saída) dende as 8:30 h. ás 10:15 h. ó día da Carreira.

Os dorsais-chip son personais e intrasferibles, debendo ir colocados no peito sen manipular nin doblar. Os xuices da proba e a organización reservaranse a facultade de descalificar o infractor que, comprobada calquera irregularidade por algún corredor, non leve visible o seu dorsal, o manipule e/ou o ceda a outro, altere os datos facilitados á organización ou ó xuiz árbitro con respecto os que figuren no seu D.N.I. ou ficha federativa, non completar o percorrido completo, non facilite á Organización a documentación que se lle requira, ou incumpla calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA ou IAAF.
Será obrigatorio por parte dos federados competir coa indumentaria do seu correspondente clube, puidendo ser sancionados en caso contrario.

A decisión sobre a posible descalificación do atleta, será adoptada polo Colexio Oficial de xuices e cronometradores da F.G.A. polas circunstancias antes mencionadas e dita decisión será irrecurrible. Todas as reclamacións deberán facerse por escrito dirixidas á F.G.A.

ARTIGO 4.- CATEGORÍAS

Benxamín F/M - Nadas/os en 2004 e 2005
Alevín F/M - Nadas/os en 2002 e 2003
Infantil F/M - Nadas/os en 2000 e 2001
Cadete F/M - Nadas/os en 1998 e 1999
Xuvenil F/M - Nadas/os en 1996 e 1997
Xunior F/M - Nadas/os en 1994 e 1995
Promesa F/M - Nadas/os en 1991, 1992 e 1993
Senior F/M - Nadas/os en 1990 e anteriores
Veteranas - Nadas en 1977 e anteriores
Veteranos - Nados en 1972 e anteriores
Super Veteranas/os - Nados en 1962 e anteriores



ARTIGO 5.- PREMIOS EN METÁLICO
Os atletas que obteñan algún premio en metálico, deberán acreditarse co seu D.N.I. ou Pasaporte. (Mesma cantidade tanto homes como mulleres)


PREMIOS ABSOLUTA
1 - 900 €
2 - 550 €
3 - 300 €
4 - 200 €
5 - 100 €
6 - 75 €
7 – Trofeo


ATLETAS GALEGOS

1.- 100 € (home e muller)

Acumulable

ATLETAS LOCAIS

1 - 100 €
2 - 50 €
3 - 40 €
* Cada atleta só poderá optar a un premio, sempre o de maior cuantía

EQUIPOS FEDERADOS

1º - 400 Euros
2º - 200 Euros
3º - 100 Euros

 

CENTRO ESCOLAR CON MÁIS PARTICIPANTES
1.- 400 € (en material escolar*)
*O material deberá ser mercado en tendas de Negreira


ARTIGO 6.- TROFEOS E REGALOS
- Na 1ª Carreira (BENXAMÍN-ALEVÍN): Todos os participantes recibirán unha medaia, camiseta TECNICA e agasallos.
- Na 2ª Carreira (INFANTÍS-CADETES-XUVENÍS): Haberá Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto en homes como en mulleres, tamén haberá trofeos para os tres primeiros clasificados locais en cada categoría masculina e feminina. Todos os participantes obterán unha camiseta TÉCNICA de regalo.
- Na 3ª Carreira (XUNIOR-PROMESA-SENIOR-VETERANOS E SUPERVETERANOS): Haberá Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto en homes como en mulleres. Os 7 primeiros homes clasificados na xeral tamén obterán trofeos, así como as 7 primeiras mulleres na xeral.
- Todos os participantes que cheguen á meta, recibirán unha camiseta TÉCNICA de regalo.


ARTIGO 7.- PREMIOS ESPECIAIS
Haberá un premio para o corredor de Maior idade, participante na 3ª Carreira, que chegue a meta dentro do tempo límite (home e muller)

ARTIGO 8.- SISTEMA DE PUNTUACIÓN E CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS

Na clasificación por equipos puntuarán os 10 primeiros de cada equipo, dándolle 1 punto o 1º, 2 puntos o 2ª, etc….., o equipo que menos puntos teña será o vencedor.O empate resolverase según o disposto no regulamento da IAFA.Para poder optar ó premio os equipos federados, no momento da inscrición, deberase presentar o certificado da federación, acreditando os membros do equipo.


ARTIGO 9.- Todos os corredores/as polo feito de realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e ou internet. Mediante a sua inscrición, o corredor consinte expresamente que os seus datos sexan utilizados pola organización (RFEA e Concello de Negreira) para comunicacións sobre as suas actividades. En todo caso, e tal e como establece a Lei de Protección de Datos, o interesado/a pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico ao Departamento de Deportes do Concello de Negreira, Rúa san Mauro, 11 s/n. 15830 Negreira; culturadeportes@concellodenegreira, ou ben a RFEA.

ARTIGO 10.- CLASIFICACIÓNS E FOTOGRAFIAS
As clasificacións e fotografías, publicaranse en diferentes medios de comunicación da provincia así como en revistas especializadas e páxinas de Internet como:
http://www.concellodenegreira.es/
http://www.correrengalicia.org/
http://www.atletismogalego.org/
http://www.carreraspopulares.com/
http://www.fotoatletismo.com/


ARTIGO 11.- ENTREGA DE TROFEOS
Unha vez rematada a 3ª carreira, a entrega de premios será no C.E.I.P. O Coto (nas proximidades da liña de meta), en torno as 13:30 h.

ARTIGO 12.- RECLAMACIÓNS
As posibles reclamacións serán presentadas ante o Comité de Competición, quen resolverá con arranxo ó regulamento citado anteriormente.

ARTIGO 13.- DESCALIFICACIÓNS
- Por deterioro físico do atleta.
- Por abandono do circuito delimitado para a proba.
- Por non levar o dorsal ou chip perfectamente colocado en toda a sua extensión (no peito durante todo o percorrido) ata a entrada na Meta.
- Por participar con un dorsal ou chip que corresponda a outro corredor, por participar con máis dun dorsal ou chip.
- Por realizar a inscrición con datos alterados.
- Por no atender as indicaciones da Organización ou xuices.
- Por entrar fora da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.

  
ARTIGO 14.- CLÁUSULAS ADICIONAIS
Primeira: A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas ós participantes.

Segunda: Ningún atleta federado poderá competir con outro Clube que non sexa o que figure na súa licencia correspondente. En caso de que se producira esta situación, o atleta será descalificado automáticamente.

Terceira: A organización do Circuito declina toda a responsabilidade dos danos que os atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. Todos os atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presentes Regulamento e en caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.

COMITÉ ORGANIZADOR: Concello de Negreira
COMITÉ DE COMPETICIÓN: Real Federación Española de Atletismo e Federación Galega de Atletismo 






PARA ACCEDER O PLANO DA CARREIRA PINCHA AQUI.