viernes, 9 de noviembre de 2012

Pechada a inscrición da XXXIII Carreira Popular de Negreira

Está todo a punto para que se dispute unha das mellores edicións da gran Festa do Deporte na rúa en Negreira. Un total de 1300 corredores tomarán a saída da única carreira Popular incluída no Calendario Nacional da RFEA, polo que será a única ocasión de ver atletas internacionais nunha carreira urbana en Galicia.

A primeira das carreiras será ás 10:30 h. coa proba escolar para as categorías BENXAMÍN-ALEVÍN sobre unha distancia de 1.000 m.

A segunda das carreiras está para 10:45 h. para as categorías INFANTIL-CADETE-XUVENIL, sobre unha distancia de 4.500 m.

Por último ás 11:30 h. darase a saída da carreira ABSOLUTA, con unha distancia de 10.000 m. (non homologada)

Dende a organización recomendamos chegar cedo para recoller os dorsais, que se retiran na Liña de Saída (Patio C.E.I.P. O Coto), para evitar incómodas colas. O horario de retirada de dorsais é de 8:15 h. ás 10:15 h. do domingo 11 de novembro.

Desexamos que toda a xente disfrute desta gran xornada deportiva, no que esperamos que pasedes un gran día en compañía dos amantes do atletismo popular e con grandes corredores do circuito internacional.

Moita sorte a todos....!!!!