lunes, 12 de noviembre de 2012

Tsegaye Mekonnen e Marta Tigabea arrasan en Negreira

O etíope Mekonnen e a súa compatriota Tigabea, gañaron con claridade a 33ª edición da Carreira Popular de Negreira, nunha mañán marcada pola choiva e o frio.

De inicio presentábase unha carreira cun alto nivel de atletas e cunha alta participación, que dende principio a fin foi dominada polos atletas africanos tanto en homes como en mulleres.
Completaron o podium en homes o keniata Cybrian Kotut, o eritreo Merhawi Tadese, o keniata Hillary Kipkogei, o portugués Marco Morgado, o keniata Yuda Robinson e o keniata Bernard Kitur.

En mulleres a keniata Correti Jepkoech, a keniata Mary Wacera, a keniata Leah Jerotich, a portuguesa Clarisse Cruz, a keniata Sarah Kerubo e a Etíope Rehina Jewar acompañaron no podium a Marta Tigabea.

O primerio clasificado dun clube galego foi o atleta do C. Alejandro Gómez Hassan Leikhili, que acadou un meritorio 9 posto da xeral. En canto os mellores galegos os triunfos foron para Luis Calvo e Mª Jesús Gestido.

Un total de 522 valientes completaron unha carreira, que se fixo aínda máis dura coa forte choiva e o frio que acompañou a proba durante o inicio da mesma. Desexamos que se cumpliran os obxectivos de todos os participantes e que puideran completar esta 33ª edición con boas sensacións.

Nas categorías escolares, na 2ª carreira INFANTIL-CADETE-XUVENIL, unha das máis firmes promesas do atletismo galego Tariku Novales do clube Atletismo Noia gañaba esta proba en homes e en mulleres Iria Rodriguez chegaba a meta en primeira posición.

Completaron o podium Nicolas Villanueva e Anxo Lema do clube Olimpico de Vedra.
En féminas Claudia Blanco e Lucía Suárez do USC acadaron os outros dous postos da clasificación final.

Na primeira carreira, BENXAMÍN-ALEVÍN e baixo unha forte choiva os máis pequenos cubriron os 1.000 metros en menos de 4 minutos, sendo os gañadores Salama Loutfi do C.E.I.P. O Coto e Daniela Eiras do Clube Atletismo Noia.

Chegaron tamén nos primeiros postos Xan Insua e Pablo Díaz en categoría masculina, en en femenina Alejandra Dominguez e Mariña Monteagudo acadaron o 3º e 4º posto.

Dende o Concello de Negreira queremos agradecer o esforzo de todos os participantes nesta Festa do Deporte na Rúa, e esperamos que a vindeira edición sexa aínda mellor.

MIL GRACIAS !!!!!!!